PERSONAXE MISTERIOSO DO MES DE FEBREIRO.
Imos cun novo caso. Espero que atopedes axiña a solución.
Quen será, será?
PISTA 1: naceu no ano 1980 (un bo ano para o baloncesto español).
PISTA 2: aos 12 anos fichou nas categorías inferiores do Barcelona de baloncesto. Aos 17 anos debutou na Liga ACB.
PISTA 3: en agosto do 2007 fichou polos Memphis Grizzlies, equipo da NBA.
PISTA 4: polo seu segundo apelido podemos pensar qué é curmán do actual Presidente da Xunta de Galicia
PISTA 5: nos Memphis Grizzlies coincidiu con Pau Gasol.
PISTA 6 no ano 2008 abandonou a NBA e regresou ao Barcelona.
PISTA 7: ten un apodo un pouco "explosivo".
PISTA 8: xoga de escolta. Leva o número 11 no equipo do Barcelona.