Deportes

HOCKEY SOBRE PATÍNS

O hockey a patíns é unha modalidade deportiva entre 2 equipos de 5 xogadores (4 na pista e 1 porteiro) nun campo pechado. Os xogadores usan patíns de 4 rodas e controlan a pelota cun stick de madeira de forma curva.

 

 

   

 

 

 

 

É unha modalidade moi practicada en países europeos como España, Italia e Portugal ou en países americanos como Arxentina, Brasil ou Chile.

A continuación recollemos dous vídeos relacionados co hockey sobre patíns.

Vídeo 1: "Escolas Deportivas do Hockey Club Liceo". O Hockey Club Liceo é un equipo coruñés que milita na OK LIGA española e que ten no seu palmarés grandes éxitos deportivos (varios títulos de Liga e Copa de España e a Copa de Europa).

 

 

 

Vídeo 2: "Partido de hockey". Resumo da Final do Campionato Mundial de Hockey a Patíns do ano 2009 entre España e Arxentina disputado na cidade de Vigo, no que España acadou o seu treceiro título do Mundo ao derrota a Arxentina por 3 a 1 na gran final. 

 

HOCKEY SOBRE XEO

O hockey sobre xeo é un deporte que se xoga entre dous equipos de 6 xogadores cada un. Os patinadores deben dirixir un disco (PUCK) cun STICK para tratar de meter gol na portería contraria.

partido de hockey

Os partidos duran 60 minutos, divididos en 3 tempos de 20 minutos cada un.

A continuación recollemos dous vídeos relacionados con esta modalidade deportiva.

Vídeo 1: "Adestramento de hockey". Nos explican as regras básicas.

Vídeo 2: "Os mellores 10 goles da NHL (Liga Nacional de Hockey americana) da tempada 2009/2010". Recopilación dos mellores goles da NHL.

 

object width="640" height="385">

ACTIVIDADE PROGRAMA JCLIC

O programa JCLIC permite elaborar diferentes paquetes de actividades educativas. Ofrece a posibilidade de seleccionar as mesmas en función da área e do ciclo educativo (Infantil, Primaria ou Secundaria). A continuación insertamos un paquete de actividades titulado "Voleibol" elaborado polo profesor David García Núñez que aborda diferentes aspectos deste deporte: orixes, técnica (tipos de golpes), regras principais. Para avanzar de actividade tes que clicar nos iconos da parte inferior. Se tes dúbidas podes pedir axuda clicando no icono de interrogación.

 

 

ACTIVIDADE CON LIM

O sistema LIM é un entorno para a creación de materiais educativos. Para facilitar o traballo de creación de libros existe a ferramenta EDILIM. LIM e EDILIM son de uso e distribución libre sempre que se respecte a gratuidade e a autoría.
A continuación presentamos a actividade LIM "Descubre el voleibol" para o terceiro Ciclo de Primaria na área de Educación Física elaborada polo profesor Francisco Luis Bache Bernal. Traballa diferentes aspectos relacionados co voleibol.Se queres ver a actividade en pantalla completa clica no tereceiro icono (unha pantalla) da parte superior.

O MINIVOLEY

O voleibol é unha boa modalidade deportiva para que os/as nenos/as aprendan a traballar en equipo, a moverse e a reaccionar rapidamente e a manter un alto nivel de atención e de concentración no xogo. Pode ser practicado en calquera época do ano, en espazos de interior ou de exterior, en espazos reducidos, nun ximnasio, no patio do colexio, e incluso na praia. Para xogar ao voleibol non é necesario dispor dun gran equipamento: un balón e unha rede son suficientes para iniciarse no xogo. Non existe contacto físico entre os xogadores dos dous equipos polo que evitamos a aparición de conflitos tan comúns nas competicións.  

Como todos os deportes, o voleibol tamén ten unha versión mini  para nenos/as e principiantes. O minivoleibol xóganse nun campo máis pequeno, con menos xogadores (4 no lugar de 6), con balóns máis lixeiros e con regras adaptadas. A continuación presentamos un video cun partido de minivoley da categoría alevín feminino.

 

GRANDES XOGADORES DE VOLEIBOL

A continuación mostramos un video de Youtube no que aparece unha relación dos xogadores  de voleibol máis destacados nas competicións disputadas nos Xogos Olímpicos de Beijing do 2008. Espero que vos guste.

 

GOLPES BÁSICOS NO VOLEIBOL

"Voleibol 2010. O Foro de Voleibol de España" ofrece a posibilidade de visionar en Youtube unha serie de videos explicativos dos principais xestos técnicos do voleibol. Aínda que estes videos están editados no idioma chinés, podemos entender perfectamente o que nos contan grazas a gran calidade das imaxes e a enorme capacidade ilustrativa dos mesmos. En cada un dos videos aparece recollido o xesto técnico de cada golpeo.

Video 1: Saque en salto flotante. 

 

Video 2: Saque en salto potencia.

 

Video 3: Toque de dedos.

 

Video 4: Toque de antebrazos.

 

Video 5: Bloqueo.

 

Video 6: Ataque. Conceptos básicos.

 

INICIACION AO VOLEIBOL

A continuación imos reproducir tres videos editados no portal Youtube polo profesor de Educación Física Nacho Medina que nos presenta unha información interesante acerca dos diferentes golpeos propios do voleibol.

Video 1: toque de dedos, toque de antebrazos, saque baixo e saque de tenis.

Video 2: remate e bloqueo.

Video3: xogada básica de voleibol.

Video 4: técnicas de voleibol.

 

 

XOGAMOS AO VOLEIBOL

Internet é unha poderosa ferramenta que nos permite acceder a unha gran cantidade de información relacionada con calquera tema. O portal "Calameo" nos ofrece a posibilidade de compartir e de publicar diferentes tipos de documentos. A continuación amosamos unha publicación editada na páxina "Calameo.com" que nos facilita o coñecemento básico do voleibol ( as súas regras máis importantes e os fundamentos técnicos básicos).

PRESENTACION DE VOLEIBOL

A  continuación aparece unha presentación de voleibol elaborada polo profesor de Educación Física e editada no portal "Slideshare.net" que recolle unha sinxela introdución dos fundamentos técnicos básicos deste deporte. ( Se queres ver todas as presentacións editadas polo profesor en dito portal tes que clicar en "Jesús Bao" na información "View more presentations from Jesus Bao" que aparece debaixo da presentación de voleibol).

 

Distribuir contido