Deportes
PERSONAXE MISTERIOSO MES DE XUÑO
Aí vai un novo caso de personaxe misterioso.
PISTA 1: Naceu no ano 1987.
PISTA 2: Iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do FC.Barcelona.
PISTA 3: Posición: centrocampista.
PISTA 4: No ano 2003 fichou por un equipo inglés e no 2004 debutou na Premier League.
PISTA 5: Na Eurocopa do 2008 levaba a camiseta da Selección Española co número 10.
PISTA 6: No ano 2008 foi nomeado o mellor xogador novo da Premier League.
PISTA 7: Principais características técnicas: aporta creatividade, moi boa visión do xogo, gran dominio do pase e moi bo lanzador de faltas.
PISTA 8: Xoga no Arsenal pero o hai moitas posibilidades para que fiche polo Barcelona C.F.
VALORES E ACTITUDES DO DEPORTE
Paquete de actividades do programa Jclic relacionadas cos valores e as actitudes que se deben respectar na práctica deportiva: aprender a gañar e a perder; respectar aos compañeiros/as de xogos; valoración da competición como forma de divertisre e de aprender; potenciar condutas do "xogo limpo"
MUNDIAL SUDAFRICA 2010
Axiña empezará o Mundial de Sudáfrica 2010. Nesta presentación atoparás datos interesantes.
Esperemos que España consiga grandes éxitos.
MELLORES XOGADORES DO FUTBOL ACTUAL
Publicación de CALAMEO que recolle a lista dos mellores xogadores de fútbol da actualidade.
"FUTBOL: O MELLOR DEPORTE DO MUNDO"
Esta publicación está editada no portal CALAMEO.COM e aporta interesante información sobre diferentes aspectos do fútbol.
ACTIVIDADE CON JCLIC
Proxecto feito co programa Jclic que propón 25 actividades
relacionadas coa anatomía e os coidados do corpo humano e a
importancia do exercicio físico para a saúde das persoas.
ACTIVIDADE CON LIM
Actividade feita polo profesor Antonio Ferrer Moreira
do CEIP Campolongo para traballar diferentes aspectos
relacionados co badminton.
PERSONAXE MISTERIOSO MES DE ABRIL
Aquí estamos de novo cun caso de persoanxe misterioso. Xa sabes que cada dous ou tres días iremos engadindo unha
pista para descubrir a súa identidade.
PISTA 1: No ano 2012 poderá celebrar o seu 30 cumpleanos.
PISTA 2: É un gran deportista, aínda que pasa moitas horas sentado.
PISTA 3: Percorre moitos quilómetros pero non usa motores de gasolina.
PISTA 4: A súa cor preferida é a amarela (algunha vez tamén a rosa).
PISTA 5: En Francia foi donde conseguiu os éxitos deportivos máis
importantes da súa carreira profesional.
PISTA 6: Palmarés: Tour Francia (2007 e 2009); Giro Italia 82008);
Volta a España (2008).
PISTA 7: Correu en tres equipos: Liberty Seguros (2003-2006);
Discovery Chanel (2007-2008) e Astaná (2009-2010)
O ATLETISMO
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »