"CAZA TESOUROS DE BALONCESTO"

A continuación terás que resolver esta sinxela "caza tesouros" adicada ao baloncesto. Para atopar as respostas poderás consultar as páxinas web oficiais da LIGA ACB, da LIGA NBA e a do CLUBE BALONCESTO OBRADOIRO. 

 

PISTA 1: Páxina oficial LIGA ACB: http://www.acb.com/

PREGUNTA 1.1. Cantos equipos participan la LIGA ACB de baloncesto? (Ruta: páxina web da ACB - Resultados e Clasificación).

PREGUNTA 1.2. Escribe o nome dos tres primeiros equipos da clasificación da ACB. (Ruta: páxina web da ACB - Resultados e Clasificación).

PREGUNTA 1.3. Descubre cal é o único equipo galego da ACB.

PREGUNTA 1.4. Que xogador ten o récord de puntos anotados nun partido ao longo dos 25 anos da historia da ACB? (Ruta: páxina web da ACB - Documentación - Récords).

PREGUNTA 1.5. Que xogador ten o récord de triplas anotadas nun partido ao longo dos 25 anos de historia da ACB? (Ruta: páxina web da ACB - Documentación - Récords).

PISTA 2: http://www.obradoirocab.com/

PREGUNTA 2.1. Cando e onde naceu o Obradoiro Club de Amigos de Baloncesto? (Ruta: páxina web do Obradoiro - Inicio - Historia).

PREGUNTA 2.2. No equipo do Xacobeo Blu:sens figuran tres xogadores nacidos nos Estados Unidos. Busca os seus nomes. (Ruta: páxina web Obradoiro - Xacobeo Blu:sens- Plantilla). 

PREGUNTA 2.3. Como se chama o adestrador do Xacobeo Blu:sens? (Ruta: páxina web do Obradoiro - Xacobeo Blu:sens - Plantilla).

PISTA 3: http://www.nba.com/espanol/

PREGUNTA 3.1. Na LIGA NBA participan nesta tempada 2009/2010 un total de cinco xogadores españois. Terás que buscar os nomes deses cinco xogadores e descubrir en que equipos xogan. (Ruta: páxina web da NBA - Xogadores - Hispanos na NBA).