Skip to Content

Curso 2015-2016

PREMIOS SAN ROSENDO 2016

08/02/2017
Atlantic/Bermuda

Un ano máis @s alumn@s de Relixión Católica recibiron un premio no concurso de San Rosendo en Celanova.

Nesta ocasión @s premiad@s foron @s mais maiores do cole.

E alá fomos a recibir o premio!

E FOMOS A... TENERIFE!!!

08/02/2017
Atlantic/Bermuda

O momento tan desexado e agardado chegou por fin, e marchamos para Tenerife!!!

Unha viaxe inesquecible que gardaremos na nosa memoria para sempre.

Desfrutamos dunha viaxe nas "Illas afortunadas" chea de contrastes, frío, calor, mar, montaña... coas visitas obrigadas ao Loro Parque, ao Teide...

Ademáis realizamos esta saída convivindo cos nos@s amig@s do colexio de Bande.

Trouxemos unha chea de recordos e imaxes das cales, aquí, só mostramos un pouquichiño... 

Sobra dicir que... queremos voltar a Tenerife!!!

 

 

VISITAMOS A FEIRA

08/02/2017
Atlantic/Bermuda

Para recadar fondos para a excursión a Tenerife preparamos nas casas doces, bicas, rosquillas... e fomos a vendelas á Feira de Cartelle. Ademáis pillounos en plena semana de Entroido!

Pois sí! Desta guisa alí nos presentamos e, foi todo un éxito!!!

DÍA DA ARBORE 2016

14/10/2016
Atlantic/Bermuda

UN ANO MAIS CONTAMOS COS AXENTES E TÉCNICOS DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL QUE NOS LEMBRARON A IMPORTANCIA DE COIDAR O NOSO MEDIO E ENTORNO NATURAL.

ENTROIDO 2016

13/05/2016
Atlantic/Bermuda

Despois de estar cumplindo as ordes da nosa Meca durante cinco días... chegou o Meco! E directamente foise ao comedor! Menudo papón!!!

Nesta ocasión tampouco faltou a música e a animación da charanga!

E un ano mais, organizado pola ANPA, un fantástico "photocall" coa temática dos granxeir@s e espantall@s, e xogos a cargo dunhas monitoras moi coñecidas para nós!

 

 

 

DIA DA PAZ 2016

13/05/2016
Atlantic/Bermuda

Ben sabemos que a amizade e o compañeirismo son valores para por en práctica tódolos días. 

Pero aproveitamos esta conmmemoración para recordalo.

Tódol@s nen@s prepararon unha mensaxe de paz para lanzala nesas botellas tan chulas a ese mar que construímos para o noso mural, e así poidan chegar a todo o mundo!

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS

04/05/2016
Atlantic/Bermuda

Un curso mais contactamos co Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo, que depende da Deputación Provincial de Ourense, para continuar o que xa é unha tradición na nosa escola: O obradoiro de xogos tradicionais.

E chega Lito, que xa é un mais na familia do CEIP "San Marcos", e cárganos as pilas a tod@s!! Este curso centrámonos nos xogos bailados. Só podemos dar unha queixa:

Dúas sesións saben a pouco!

 

NADAL 2015

04/05/2016
Atlantic/Bermuda

Pois xa estamos no Nadal. E continuando coa tradición do colexio, as panxoliñas, o baile, o teatro, a música da gaita... non se fixeron agardar.

Realizamos e pasamos un estupendo Festival de Nadal, con sorteo de cesta e visita das SS.MM. Os Reis de Oriente! Que mais podemos pedir?

Pois un ano 2016 cheo de sorte e saúde para tod@s!

O público foi moi numeroso e animado... coma sempre!!!

De pequenos a maiores, e de maiores a pequenos... tod@s participamos nos festivais!

As alumnas de Danza Creativa fixeron unha coreografía chulísima!!!

Bo Nadal e Feliz Ano 2016!!!

CORRENDO POR MUIÑOS

04/05/2016
Atlantic/Bermuda

Un ano mais, estivemos en Muiños para participar nas carreiras de campo a través.

Un pracer compartir con outros nenos e nenas a práctica do deporte, fomentando a competencia e ao mesmo tempo o compañeirismo e o xogo limpo .

O frío non foi impedimento para incluso conseguir a clasificación para a seguinte fase dalgunhas corredoras!

Noraboa!!

PREPARANDO O NADAL

04/05/2016
Atlantic/Bermuda

E qué mellor que uns artísticos calcetíns para preparar a chegada do Nadal?

O mérito é dos e das artistas, que coa axuda inestimable das familias na casa completaron esta colección de calcetíns Nadal 2015.

 

MAGOSTO 2015

19/02/2016
Atlantic/Bermuda

Xogos populares e moita, moita diversión non faltaron no magosto do colexio. No comedor chourizos e costela.

Para rematar a tarde coa fogata, as castañas e a pintar as facianas!!!

 

O DIA DO PEÓN 2015

03/12/2015
Atlantic/Bermuda

Animados polo pulo da asociación Brinquedia, reivindicamos e celebramos un ano mais no 11 de novembro o "Día Do Peón".

Polo San Martiño... Peóns ao camiño!!!!

Dimos lectura ao manifesto 2015 e bailaron as buxainas!!!

 

CONVIVENCIA SAMAIN

03/12/2015
Atlantic/Bermuda

Por segundo ano terrorífico consecutivo, o día do medo pasámolo xunto c@s nos@s compañeir@s e amig@s de Ramirás.

Agradecemos de novo a invitación do CEIP Rogelio García Yáñez para asistir á xornada de convivencia.

A próxima será en Cartelle!

 Disfrutamos dos arrepiantes obradoiros, o xantar daba pavor, pero o tunel da bruxa... o temor e os estremecementos puideron con nos!

 Nada mellor para rematar que unha orixinal apócema para facer un bo feitizo!!!

 

CÁNTOCHE UN CONTO?

26/11/2015
Atlantic/Bermuda

Unha ocasión mais visitounos o noso amigo Luis Vallecillo. Pero nesta ocasión non veu a contarnos contos, se non a "cantarnos contos".

A nosa Biblioteca foi o espazo ideal para unha fantástica sesión de "cantacontos"!

Moitas grazas Luis, e xa sabes, non tardes en voltar!

BENVID@S AO CURSO 2015-2016

26/11/2015
Atlantic/Bermuda

COMEZA O CURSO 2015-2016!

Distribuir contido


by Dr. Radut