Como parte do noso compromiso constante co benestar do alumnado e das súas familias, estamos levando a cabo unha enquisa para avaliar a posibilidade de ofrecer un servizo de conciliación familiar antes e despois do horario habitual do centro educativo. A nosa intención é comprender máis a fondo as necesidades das familias e asegurarnos de que as nosas accións se correspondan coas vosas necesidades reais. Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración ao contestar, por este medio, a seguinte enquisa, data límite martes 06/02/2024.
***********