Está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desde o 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro 2024.
A presentación da solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
- Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita.
- Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.
- Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións.
- Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.
- Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se se desexa cubrir manualmente aquí tendes os enlaces aos documentos:
SOLICITUDE DE RESERVA CASTELÁN
4. Cubrir a solicitude presencialmente no centro:
- Acudir ao centro.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
Toda esta información podedes atopala en:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/