Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Da estreita colaboración da ANPA co colexio xurdiu esta visita á Chaira de Amoroz, onde descubrimos un entorno natural impresionante, e un centro no que ademáis de terapias con cabalos, están á orde do día os obradoiros de queixo, barro... Ademáis é un lugar que temos preto do colexio na mesma comarca de Celanova.
Algún fixo un amigo moi especial. A atención para @s nen@s foi extraordinaria, e a experiencia moi, moi , moi recomendable. Nós repetiremos, seguro!
Dentro do programa Xogade e máis concretamente no Deporte Escolar, o turno foi para o bádminton. Unha ocasión máis estivemos na fase de zona en Ramirás no CEIP "Rogelio García Yáñez", onde tod@s @s nos@s campións e campionas deron o máximo esforzo nos partidos.
E tampouco faltou o graderío de animación, con pancarta de ánimo incluída!
|