Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 08, 2017

Para recadar fondos para a excursión a Tenerife preparamos nas casas doces, bicas, rosquillas... e fomos a vendelas á Feira de Cartelle. Ademáis pillounos en plena semana de Entroido!

Pois sí! Desta guisa alí nos presentamos e, foi todo un éxito!!!

O momento tan desexado e agardado chegou por fin, e marchamos para Tenerife!!!

Unha viaxe inesquecible que gardaremos na nosa memoria para sempre.

Desfrutamos dunha viaxe nas "Illas afortunadas" chea de contrastes, frío, calor, mar, montaña... coas visitas obrigadas ao Loro Parque, ao Teide...

Ademáis realizamos esta saída convivindo cos nos@s amig@s do colexio de Bande.

Trouxemos unha chea de recordos e imaxes das cales, aquí, só mostramos un pouquichiño... 

Sobra dicir que... queremos voltar a Tenerife!!!

 

 

Un ano máis @s alumn@s de Relixión Católica recibiron un premio no concurso de San Rosendo en Celanova.

Nesta ocasión @s premiad@s foron @s mais maiores do cole.

E alá fomos a recibir o premio!

Non nos cansamos de traballar pola nosa Língua!

No marco dos traballos do segundo trimestre da Coordinadora Comarcal dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Límia, realizamos unha presentación conxunta no CEIP "Curros Enríquez" de Celanova da exposición itinerante.

O tema escollido, o romantismo na paisaxe. Moi bos traballos nos que Manuel María estivo moi presente.

Coa fin de continuar acadando hábitos saudables participamos de novo no programa da Consellería de Sanidade "Nunca sen almorzo", que nesta edición ten o engadido de "E sempre... merendas saudables".

Da man de Puri, técnico do departamento territorial de Ourense de sanidade, voltamos a repasar os puntos claves para unha alimentación equilibrada, saudable e tamén divertida.

E non nos esquecemos do exercicio físico e do pequeno pero importante aporte de media mañá!

 

Xoves Febreiro 09, 2017

Da estreita colaboración da ANPA co colexio xurdiu esta visita á Chaira de Amoroz, onde descubrimos un entorno natural impresionante, e un centro no que ademáis de terapias con cabalos, están á orde do día os obradoiros de queixo, barro... Ademáis é un lugar que temos preto do colexio na mesma comarca de Celanova.

Algún fixo un amigo moi especial. A atención para @s nen@s foi extraordinaria, e a experiencia moi, moi , moi recomendable. Nós repetiremos, seguro!

 

Dentro do programa Xogade e máis concretamente no Deporte Escolar, o turno foi para o bádminton.

Unha ocasión máis estivemos na fase de zona en Ramirás no CEIP "Rogelio García Yáñez", onde tod@s @s nos@s campións e campionas deron o máximo esforzo nos partidos.

E tampouco faltou o graderío de animación, con pancarta de ánimo incluída!

Martes Febreiro 14, 2017

Asistimos á representación de "Estamos no verán", no Auditorio Municipal de Ourense e dentro da programación para escolares de "Afundación".

Seguindo a estreita colaboración que mantén o colexio coa Mancomunidade Terras de Celanova, e afianzando os bos hábitos saudables e hixiénicos, recibimos unha vez mais a visita de Lucas, que é parte da familia do CEIP "San Marcos", realizando unhas sesións moi instructivas para @s nen@s do colexio.

 

Manuel María, autor ao que se lle adican as Letras Galegas 2016, xa forma parte da nosa galería de escritores e escritoras galeg@s recoñecidos con esta distinción.

Ademáis da pegada da súa caricatura coñecimos un pouco mais da súa vida e obra.

 

 

Conmemorando o seu 15 aniversario Mamá Cabra presentou no Auditorio Municipal de Ourense o seu espectáculo "Mamá Cabra 15 Primaveras". E os mais pequen@s do colxio non nos quixemos perder a estrea!

Co que nos gusta o teatro, non podiamos deixar de participar nos XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande.

Nesta ocasión baixo a dirección de Cris, monitora da actividade extraescolar de Teatro, patrocinada pola ANPA, presentamos unha versión moi especial do conto de Carrapuchiña Vermella.

Foi todo un éxito!

O uso das novas tecnoloxías é algo que facemos a diario. Internet é unha inmensa rede chea de contidos moi interensantes, pola que hai que saber transitar pois non tódolos lugares da rede son "seguros".

Para iso, e orientada aos mais maiores do cole, fíxose a actividade "Navega con rumbo". Para que nen@s sexan coñecedores das boas e seguras prácticas que temos que ter na internet, co uso de novas tecnoloxías, redes sociais...

Moi pretiño de Lalín están gardados moitos e prezados tesouros da nosa historia. Estamos a falar de "A Casa do Patrón", un museo etnográfico moi amplo cunha extensísima colección de pezas, moitas delas moi singulares e algunhas moi, moi, moi antigas!

Ademáis da visita realizamos un obradoiro de barro co que creamos unhas pequenas cuncas que quedaron moi chulas!

Distribuir contido


by Dr. Radut