Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Marzo 03, 2013
Start: 03/03/2013 17:11

 

Por sorte, o mal tempo deunos un respiro para celebrar o Entroido como se merece. Despois duns días con chuvia chegou o 8 de febreiro e o sol aliouse coa tan desexada festa.  

A temática deste ano era: a granxa. Como veredes no álbum de fotos  Cartelle encheuse de animais: poliños, galos, ovellas e vacas.  Desfile polo pobo con charanga incluída, recolleita de caramelos polas rúas, baile na praza onde se celebra a feira e á volta  degustación de bica con chocolate! 

Agradecementos á Anpa pola súa colaboración un ano máis.

 


Start: 03/03/2013 17:50

O pasado 20 de febreiro tivemos no colexio unha charla para o alumnado de primaria sobre agricultura ecolóxica. Desde O Grelo Verde, asociación para o desenvolvemento rural sostible, explicáronnos cales son os beneficios dos alimentos ecolóxicos, como se cultivan, cal é o seu etiquetado... Ao rematar, o alumnado xogou a recoñecer estes produtos e ademáis quedou en facer un debuxo ou manualidade sobre o tema que sería recompensado unha semana máis tarde cun surtido de alimentos moi sans.

Podedes acceder ás fotos para ver as obras de arte que crearon os nosos alumnos e alumnas.


Start: 03/03/2013 18:42

 

O  alumnado de relixión de 3º ciclo do CEIP San Marcos  leva o 1º premio - modalidade de poesía- no concurso escolar anual organizado pola parroquia San Salvador de Celanova  “San Rosendo e o seu tempo”.

O día 1 de marzo todo o alumnado gañador  acudiu a recibir o seu premio ás 13 horas en Celanova.

Noraboa a todos/as!

 


Mércores Marzo 06, 2013
Start: 06/03/2013 11:59

REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS

Ao comezo do curso escolar, durante os meses de setembro e outubro, terán lugar as reunións iniciais do profesorado titor de cada ciclo coas familias. Os titores/as convocarán aos pais e nais no día correspondente.

O lugar da reunión será a aula de cada ciclo.


 

Sábado Marzo 09, 2013
Start: 09/03/2013 11:51

Este mércores, 6 de marzo, o alumnado de educación primaria tivo unha charla sobre o mel. Aprenderon de onde sae, como se elabora, cales son as ferramentas que utilizan os apicultores... Despois de escoitar atentamente o que explicaba a ponente, tiveron a oportunidade de catalo. Repartíronselle pequenos frascos individuais de Mel de Galicia e degustáronno moi contentos/as.

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o organismo encargado de controlar, amparar e certificar o "Mel de Galicia", identificando esta certificación coa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que esta mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidad reflexados no Regulamento. A zona de produción, elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.  (Información extraída de: http://www.mieldegalicia.org/miel2/ )

 


Distribuir contido


by Dr. Radut