Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, acompañados pola súa titora e pola Orientadora do colexio, visitaron o IES de Quiroga na Xornada de Acollida antes do cambio de centro.
Alí foron recibidos pola Orientadora do IES, Nieves, que os acompañou na visita e lles amosou as diferentes instalacións do centro: laboratorios, biblioteca, sala de audiovisuais, aulas, laboratorio de tecnoloxía, ximnasio e, o que máis lles gustou, a sala de xogos, na que pasaron un tempo xogando cos futbolíns, mesas de billar e de ping pong,... Podedes ver as fotos na sala de xogos na galería de fotos do colexio.
Nieves tamén lles explicou as novidades da nova etapa: materias, horarios, mestres e mestras, normas de convivencia, oferta educativa,... que os conducirá a obter o título de Graduado en Educación Secundaria.
O xoves 27 ás 10 serán os pais e nais os que coñezan o centro e o seu funcionamento.