Skip to Content

Actividades

As nenas só falan de unicornios

Como colofón as actividades de igualdade e prevención da violencia de xénero que organizou a ANPA do colexio durante este primeiro trimestre, os alumnos e alumnas de teatro representaron a obra “As nenas só falan de unicornios”” escrita e dirigida por Eva F. Ferreira.

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CON VELAÍSCA

Durante o mes de novembro a empresa de animación Velaísca de Chantada realizou varias dinámicas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado de infantil e primaria do colexio. Estas actividades estiveron organizadas pola ANPA do CEIP.

Podedes premer na imaxe para acceder á galería.

EDUCACIÓN SEXUAL

Durante este mes de novembro o alumnado de infantil e primaria do CEIP recibiu varias charlas sobre educación sexual por parte de Estefanía e Miguel, médicos sexólogos do gabinete Otero Piñán de Lugo. As charlas, interesantísimas, trataron os seguintes temas: Promoción do respecto á diversidade sexual, prevención en violencia de xénero, dereitos sexuais, habilidades sociosexuais.

Fotos deste Nadal 2011:

ACTIVIDADES FIN DE CURSO (ANPA)

A ANPA organizou unha serie de actividades de ocio e tempo libre con motivo da conmemoración da Festa de Fin de Curso.


VER FOTOS DESTE EVENTO

VISITA DE PAPA NOEL (ANPA)

 

 O pasado mércores 22 de decembro tivemos unha visita moi grata no noso cole. VISITOUNOS PAPA NOEL!!!! E ademais deunos agasallos aos nenos e nenas e aos profes. Deunos libros de contos, libros de pasatempos, mini dicionarios e algunha que outra lambetada. Moitas grazas Papa Noel pola visita e non te esquezas de volver a visitarnos para o vindeiro curso!!!

Para ver as fotos de Papa Noel no noso cole preme na seguinte imaxe.

Actividade realizada pola ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut