Punto laranxa contra o acoso escolar
Xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.
O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.
Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.
Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.