SOLIDARIDADE CON HAITÍ
Por iniciativa do alumnado de 6º de Primaria e a súa titora decidimos solidarizarnos desde o CEIP de Quiroga con todos os afectados polo terremoto que sacudiu a noite do martes a illa caribeña de Haití.
Para isto hai colocada unha hucha na conserxería do colexio onde se meterán os donativos que voluntariamente vaian chegando. A cantidade total será ingresada na conta bancaria que a Cruz Vermella ten na Caixa Galicia co seguinte número de conta: 2091-0000-37-3040162319.
Cantidade total recaudada: 613,31 Euros
Para máis información preme aquí