O xoves, 6 de marzo, recibimos no noso centro unha charla sobre a navegación segura na Internet e o Acoso Escolar. Dita charla foi impartida por persoal experto das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado. Esta actividade foi dirixida a alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria.
O pasado luns 20 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria puideron asistir a unha charla sobre a navegación segura pola Internet, na que o relator, Diego Cid, deu un repaso polos perigos que a rede entraña e polas precaucións que hai que ter o dar de alta un correo electrónico ou unha alta nalgunha rede social.
O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria o luns 16 de decembro tivo a oportunidade de visitar a exposición de metereoloxía no IES de Quiroga na cal o profesor Xosé Espinosa lles explicou diferentes aspectos e usos de aparellos relacionados coa metereoloxía.
O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria o dia 21 de novembro de 2012 recibiron unha charla sobre a reciclaxe para conciencialos da importancia de reciclar, separar os residuos e reutilizalos.
Os nenos e nenas de 6º de Primaria visitaron o pregamento de Campodola, o que o presidente da Xunta inaugurou oficialmente en Quiroga a recén adquirida categoría de monumento natural do pregamento de Campodola-Leixazós, o oitavo paraxe natural ao que o Goberno galego concede este rango. O acto, co que a Xunta celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente, levouse a cabo no mirador xeológico.
Persoal da Garda Civil de Lugo informou ao alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria dos perigos do consumo de drogas, alcol e da Internet. Para ver as fotos preme aquí.