Seguimos explorando o Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión foron as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria os que, acompañados de Carina, Ana e Javier; e, guiados maxistralmente por Ramón Vila, visitaron: o miradoiro e a alvariza de Bustelo, o miradoiro de A Golada, o Val de Visuña con entrada a unha cova, a aldea de A Seara, a fervenza de Vieiros e un muíño de mesmo lugar; tamén tiveron tempo de xogar aos bolos, adestrados por Roi de Vieiros.