Skip to Content

Carreira Solidaria "Save the Children"

O noso colexio leva 12 anos colaborando coa ONG “Save the Children” a través dunha carreira solidaria na que participan os nosos alumnos e alumnas e que financian as familias. Dita carreira foi o pasado venres 31 de xaneiro, e formou parte das actividades programadas para conmemorar o Día da Paz. Grazas as familias pola súa colaboración, tanto neste evento como en todos os que organizamos con fines solidarios.

Tamén se levou a cabo a entrega de diplomas a todo o alumnado que participou nas probas de campo a través do programa Xogade e a entrega de medallas aos clasificados para a proba final.

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder á galería coas fotos deste evento deportivo e solidario.

 

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut