Skip to Content

4º Curso

Material alumnado NEAE e material manipulativo 4º B

O noso alumnado realizou actividades manipulativas para mellorar a súa aprendizaxe. Deixámosvos uns exemplos:

Mulleres piratas

O alumnado de 4º investigou sobre mulleres piratas, co gallo do Día da muller. Estes son algúns dos traballos realizados. 

 

 

Mar da Paz

O alumnado de 4º  fixo a súa contribución ao Mar da Paz coas botellas con información sobre Betty Williams.

Traballamos as rochas en 4º curso

Neste trimestre en 4º de PRIMARIA estudiamos as rochas e os minerais. Trouxemos á clase diferentes tipos de rochas e clasificámolas. 

 

 

Visita do alumnado de 4º a Sotavento

O alumnado de 4º de PRIMARIA, o pasado 27 de maio estiveron de visita no Parque Eólico de Sotavento, onde nos explicaron como facer unha casa mais eficiente aproveitando as vantaxes que nos ofrece a natureza, con enerxias renovables combinando coa domotica.

Tamen puidemos visitar por dentro un aeroxerador:


Preparando murais para o Día do Libro.

O alumnado de 4ºA preparou murais facendo refencia ao Día do Libro. Algúns quedaron moi bonitos!

 

Venres lúdicos en 4ºA

O alumnado de 4ºA participou en varios xogos de mesa, entre eles  Quien es quien?, pictureka, conecta 4 e preguntados. Pasárono moi ben!

 

 

 

 

 

 

Día da Muller en 4º

Deixámosvos o mural de 4º con motivo do Día da Muller

E aquí un dos moitos exemplos de mulleres - ou nenas - como Malala ,que poderedes atopar no libro se estades interesad@s.

Último venres lúdico de febreiro

O mes máis curto do ano xa vai case fóra e dalgunha maneira hai que celebralo,pode ser armando un puzzle que semmella imposible pero que vai tomando forma paseniño ou preparando material para colorear

Tamén se apuntaron os cativos e cativas de 4º B ao coñecido xogo de Quen é quen? e outros xogos de mesa para participar en equipo que lles resultaron moi divertidos.Quen  non desexaría un Venres así logo do esforzo semanal !

 

Aleluia,canción da Paz

 

 

O día da Paz tivo como colofón a  canción de Aleluia con letra da profe e cantada polos nenos e nenas.Estiveron moi atinad@s e pendentes para que todo saíse ben.Deixámosvos o vídeo  de como lles quedou no ensaio,xa sen o ruído exterior do patio.Esperamos que vos guste tanto como a nós !

 

 

PROGRAMA de LÁCTEOS EN 4º A

Outro curso que se apunta a compartir as súas experiencias! A rapazada de 4º B nos envía estas fotos no momento antes de baixar ao recreo,cando toman o seu leite .Ben por el@s !

TRABALLANDO O DÍA DA PAZ EN 4ºB

Os días previos á celebración do Día da Paz no cole,os nenos nenas 

de 4º B estiveron falando coa súa mestra do que a paz significa ,e 

para mellor expresalo,elaboraron este fermoso mural que quixeron 

compartir con tod@s nós.Moitas grazas!

Máis tarde foron cos seus poemas para colocalos no Símbolo...

E leron algúns deles con moito xeito.Quedoulles moi ben todo! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut