Skip to Content

2º Curso

Facendo pasta fresca en 2ºB

Por fin chegou o día ! Non lles daba pasado o tempo para empezar co Obradoiro de Pasta Fresca ! A súa mestra xa os  fora introducindo no tema non só como curiosidade,senón como algo no que as mates,por exemplo,son moi importantes.

Primeiro tomaron boa nota da receita para facer a pasta 

Despois amasaron con moito xeito,paciencia ... e diversión !

Se non saíra ben á primeira,alí estaba o seu Chef particular para dar as últimas indicacións...

Recibiron algo de axuda ,pero  xa estaban preparad@s para facelo soíñ@s,coa máquina tamén lista ...

 O resultado foi tan  gratificante que querían volver  empezar nada máis rematar! E é que con esforzo e paciencia ,todo se consegue !

Moitas grazas a este pai e esta nai dunha das nosas alumnas pola colaboración !

 

 

 

 

Venres Lúdicos co Tangram

E despois das vacacións de Entroido ... hai que volver ás aulas! Os nenos e nenas de 2ºB empezaron con moitas ganas co Tangram

 Esta actividade combina, entre outras moitas, a    xeometría ou a psicoloxía sen case decatarse ... e el@s poderían pasar toda a mañá xogando...e aprendendo !

            Por moitos máis Venres Lúdicos coma estes!

 

 

 

 

Entroido en 2º

Preparan o Entroido os nenos e nenas con  ganas  e ilusión.Mentres

idean os seus disfraces ,na clase fixeron unhas carautas  moi chulas!

Ollade aquí o grupo de 2ºB como posa orgulloso do feito !

   E como nos gustou o que lles dixo a profe do outro 2º aos seus

   alumn@s: "2º A tamén antroidamos"! E meu dito,meu feito:coas

   pinturas na man,colorearon as carautas con bo humor !

Nesta foto de abaixo  xa os podemos ver disfrazados e agardando

para ir ao Desfile de Antroido no pavillón.Estaban desexando bailar e

pasalo ben!

 

 

2ºA recomenda libros

Anda estes días polo Centro a Maleta da Igualdade cheíña de libros que nos fan rir moito ... mais tamén reflexionar un algo,que tamén é importante para o futuro.

A titora de 2º A pensou que unha vez lidos e traballados na aula ben

podían ser recomendados a outr@s.Así que se pinchades no Adxun

to,escoitaredes a súa opinión.Seguro que vos sorprenderán moito 

 

 

Un terrario en 2ºB

                 Trouxemos ao Centro un terrario que fixo unha viaxe por

                 case todas as aulas,eso si ,paseniño porque estaba cheo

                 de ...caracois !

  Podedes imaxinar a expectación que levantou:tod@s querían

    velos ,observar a súa vida no terrario e facer moitas preguntas

 A clase de 2ºB gravou un vídeo no que se aprecia a curiosi

dade propia dos nen@ pequen@s .Mirade no Adxunto e   

    disfrutade coma el@s !                                                       

E non vos perdades como viron a experiencia vivida aquí:

 

 

 

INGLÉS E PLÁSTICA EN 2º B

 Coa nosa mestra de Inglés facemos moitas cousas.Despois de

 escoitala con moita atención e de repetir cando nolo indica,

 chega o momento de practicalo entre nós,que nos encanta!

  E rematamos cunha bonita e entretida actividade de plástica

 que nos axuda a lembrar mellor o aprendido.Cool!

 

2ºA DISFRUTA DUN VENRES LÚDICO

 Estas caras xa o din todo! É venres e en Paradai temos os Venres Lúdicos!

 Collemos os xogos de mesa dos que dispoñemos e nos dispoñemos a pasar un tempo de lecer que nos dará folgos para a vindeira semana,seguro!

 

2ºB PREPARA O DÍA DA PAZ

Tamén se animaron os pequen@s de 2º B a facer no corcho o que

antes lles explicara a súa mestra:tod@s xuntos co noso graíño de

area, formamos algo tan grande e importante como a PAZ.

Ao día seguinte puxeron xunto con outros compañeir@s de 2ºA

as súas frases  no Simbolo da Paz,esperando con tranquilidade

     

   A verdade é que as súas mestras quedaron moi contentas !

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut