No noso CEIP PARADAI APRENDEMOS O XADREZ e moitas veces escoitamos a opinión entre a relación xadrez e intelixencia. Podemos facernos esta pregunta: O xadrez axuda a pensar?
A resposta vén da man da psicoloxía: ferramentas que favorecen o desenvolvemento da parte cognitiva de nenos e nenas.Aí está o xadrez, tanto no deportivo como no intelectual.
1. Capacidade para organizar e planificar a información, primeiro mentalmente e logo manual.
2. Orientación espacial en 2-D e 3-D, que permítelles identificar a relación entre pezas e casillas.
3. Percepción e definición dun problema, facilitándolles a búsqueda de respostas a través do razoamento lóxico, e xustificando as súas decisións.
4. Reforzar a memoria a curto e longo prazo e a la memoria operativa, habilidades transferibles a escola.
5. Favorece o desenvolvemento de aspectos cognitivos como a atención, a percepción, a discriminación, pensamento lógico-matemático, concentración, agudeza visual, etc…
6. Aceptar normas de xogo establecidas e a importancia do respeto as quendas.
7. Asimilar tanto a vitoria como a derrota.
8. Fomentar o respeto hacia compañeiros/as e aceptalos/as como rivais.
9. Recoñecer os progresos e erros para cimentar a autoconfianza.
10. Plantearse problemas da vida diaria e resolvelos de xeio creativo.