Estimadas familias:
Informámosvos sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión:
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos ,polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma,de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Para poder entregar as solicitudes no centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.429.
Adxuntamos o documento que ten que vir cuberto.
Podedes encontrar mais información no seguinte enlace.