Skip to Content

Recomendacións 3 anos

Para Educación Infantil, suxerimos as seguintes recomendacións:

# Falar moito cos nenos/as. Contarlles contos, cantar xuntos.

# Xogar con plastilina: facer figuras, letras, números.

# Debuxar: natureza, cousas cotiás. Colorear con distintos instrumentos: ceras, rotuladores, témperas, acuarela …

# Facer collages con materiais de refugado, etc.: anacos de cartón, envoltorios, pasta e legumes, etc, para o cal deberán rasgar papel cas mans, con tesoiras (os maiores), palabras.

# Xogar con pinzas da roupa: agrupar por cores, facer seriacións, suxetar un número delas nun pano.

# Xogar con bloques, tapóns, caixas, para facer construcción, torres, series.

# Xogar a resolver puzles.

# Axudar a poñer a mesa: dereita/esquerda. A un lado/ outro lado, no centro,… A facer a cama: debaixo, enriba.

# Leer e mirar contos, libros infantís. Buscar fotos, debuxos, palabras, letras en revistas, folletos de publicidade.

# Xogar ó “ Veo veo” en relación a palabras que empezar por unha vogal, letra ou son.

# Xogos tradicionais: A Pita cega, o escondite.

 

E non esquezades lavar as mans con auga e xabón!

 

 

Estimadas familias dos alumnos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) do CEIP Paradai:

Como titoras destes nenos/as, nos diriximos a cantos pais e nais poidan recibir esta mensaxe, mentras permanecemos na casa, por mor das recomendacións das autoridades sanitarias do Goberno de España.

Xa propuxemos nesta páxina web do centro unha serie de actividades que poderedes facer cos vosos fillos/as durante estes días nos que non podemos achegarnos ao colexio. Esas propostas son comúns para todos os niveis de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).

Agora engadimos outras actividades específicamente para os alumnos/as de 3 anos, como son os videocontos relacionados co proxecto que estiveron a traballar no 2º trimestre: O Xardín. Tamén poñemos cancións para traballar as vogais: A, E, I., Números, Partes do corpo, Manualidades.

Recibide un cordial saúdo,

Silvia e Pilar.

 

 

Contos:

Cuento - Canción : Jazmin crece en mi jardín

 

Lola Planta Un Jardin

El Coleccionista de Semillas. Cuento Infantil.

EL GIGANTE EGOÍSTA |

Cuento: EL VIEJO ÁRBOL

 

EL JARDÍN SECRETO | AUDIO CUENTOS PARA NIÑOS

 


 

 

As Vogais (Cancións):

 

Con la A A A - Bichikids | El Reino Infantil

 

 

Las vocales-Aprende la vocal A-La canción de las vocales con Mon el dragón

 

 

La vocal E-Aprende las vocales con Mon el dragón-Canción infantil

Babyradio - Las vocales - La canción de la vocal I- Aprende las vocales con Mon

Os números ata o 10:

CANCIONES INFANTILES de POCOYÓ

Ordenar os xoguetes:

La Abeja Be-Be - Bichikids 3 | El Reino Infantil


Partes do corpo:

Pie Pie Pie - Bichikids | El Reino Infantil

Las Manos Hacia Arriba - BichiKids 2 | El Reino Infantil


 

Manualidades:

TULIPAN de papel paso a paso | Origami fácil para niños

Como hacer una flor de plastilina

 

 

 

18/03/2020

 

Bos días!

Aquí vai outra tanda de actividades lúdicas que podedes facer cos nenos/as na casa.

 

En primeiro lugar, podedes xogar coas vogais:

1.Para isto mandamos uns círculos de conciencia fonológica en castelán. Os nenos/as con axuda dos seus familiares identificarán as palabras que comezan pola vogal do círculo e poñerán unha pinza nelas. Ademáis de identificar a letra inicial, podemos falar sobre que significa esa palabra. (Como ficheiro adxunto vai un pdf cos círculos, para que poidades imprimir).

2.Facemos un libro das vogais. Collemos 5 folios, e en cada folio poñemos unha vogal. Podemos pintala, facela con plastilina, facerlle puntiños... é dicir,  decoramos a letra. Despois pegamos cousas que teñamos na casa ou debuxamos cousas que comencen por esa letra. O mesmo con cada unha das vogais.

(Este é un exempro, anque aquí aparece a letra T)

3.Dominó das vogais. (Ficheiro adxunto en pdf, para poder imprimir).

 

En segundo lugar, traballaremos os números:

1.Xogaremos coas flores: número de puntiños dos tiestos coa grafía. (Ficheiro adxunto pdf imprimir).

2.Xogaremos con puzzles de bichitos. Correspondencia número – cantidade. (Ficheiro adxunto pdf imprimir).

 

Pilar e Silvia

 



 

 

AnexoTamaño
Rueda_Vocales.pdf268.21 KB
Dominó Vocales 1.pdf209.4 KB
Dominó vocales 2.pdf189 KB
Flores numeros- cantidad. 1.pdf70.89 KB
Flores números-cantidad..pdf54.6 KB
Puzzles bichos.pdf111.07 KB


blog | by Dr. Radut