Skip to Content

Unha mañá cos Bombeiros

Non pode rematar o curso sen amosarvos a saída que fixemos ao cuartel dos bombeiros aló polo 1º trimestre...algúns xa medramos desde aquela!

Éramos moit@s porque fomos os tres primeiros cursos de Primaria,así que cumpría organizarse ben e así o fixemos.As titoras estaban moi contentas porque o conseguimos !

En pequenos grupos iamos atendendo as explicacións dos bombeiros pero non podiamos evitar comentar o bonito que eran os nosos cascos vermellos !

O momento de chegar onda os camións era moi esperado e ata queriamos subir neles ! E como eran uns bombeiros moi simpáticos,botamos unhas risas ...

  E a nosa visita rematou cos inchables  e con ganas de voltar o vindeiro curso para repetir esta experiencia que nos encantou !    

                           

                                  Moitas grazas,bombeiros de Lugo !

 



blog | by Dr. Radut