Skip to Content

Unha mascota en 2ºA !

Este curso temos dúas mascotas na aula !

Este é Poni...máis adiante aparecerá a outra mascota,a quen lle puxemos o nome de Star.Tedes que saber que cada día vai a casa de un de nós ... e non vos podedes imaxinar o content@s que esperamos o momento de saber a quen lle toca !

Cando ao día seguinte chegamos ao cole  o primeiro que facemos é contar que fixemos con Poni ou con Star na casa:se descansou,se tomou o leite ou se lle lemos un conto para que durmira!

E sabedes que ? Nestas vacacións Poni foi de viaxe á aldea de un de nós ! Que aventuras viviría alí ? Non vos preocupedes que xa volo contaremos ! 

 



blog | by Dr. Radut