Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No diario Oficial de Galicia do día luns 20/05/2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar.

Adxuntase o documento-resume da orde.

 

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño do 2021.

 

Para evitar aglomeracións e esperas para poder entregar o antes posible recoméndase presentar as solicitudes na secretaría xunto coa documentación correspondente nas seguintes datas:

- Días  25 ao 27  de maio, solicitudes dos nenos que o vindeiro curso fagan 1º de E.P e irmáns.

- Días  28 de maio ata o 1 de xuño, solicitudes dos nenos que fagan 2º de E.P no vindeiro curso, e irmáns.

- Días  2,3,4 de xuño, alumnado que vaia a cursar 3º de E.P no vindeiro curso  e irmáns.

- Días  7,8,9  de xuño, alumnado que vaia a cursar 4º de E.P no vindeiro curso e irmáns.

- Días 10,11,14  de xuño, alumnado que vaia cursar 5º de E.P no vindeiro curso e irmáns.

- Días  15,16,17 de xuño, alumnado que vaia a cursar 6º de E.P no  vindeiro curso e irmáns.

Os alumnos/as de 5º de Ed. Primaria están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. Teñen dereito á axuda para adquirir material escolar. Pola súa participación en Educación Dixital ( E-DIXGAL).

 

O formulario de solicitude (anexo I) estará dispoñible en:

  • Nas dependencias das xefatura territoriais da consellería competente en materia de educación.

 

Para poder entregar as solicitudes no Centro, tense que pedir cita previa ao número 982.870.432.

 

AnexoTamaño
AXUDAS LIBROS 2021-2022.pdf1.12 MB


blog | by Dr. Radut