Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

23/05/2017 17:38
23/06/2017 17:38

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE AXUDA DE LIBROS ( CURSO 2017-2018)

A modo de resumo infórmase a esta comunidade educativa que en xeral teñen dereito a solicitar as axudas as familias dos alumnos que no curso 2017-2018 pasen a cursar Educación Primaria e que, se fosen beneficiarios destas axudas no pasado curso, entreguen os correspondentes libros en bo uso cando o solicite o mestre- titor, agás os alumnos de 1º e 2º de Primaria. Estes libros iranse repartindo nos primeiros días de comezo do vindeiro curso en orde inversa á renda per cápita da unidade familiar dos solicitantes ata que se esgoten as existencias, tendo preferencia os alumnos en situación de garda e tutela da xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. Non obstante, esgotados os libros, as familias dos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º con renda per cápita 5.400 €  ou inferior terán dereito a 6 libros e as comprendidas entre 5.400 e 9.000 €  terán dereito a 4 libros. A todas as familias que o soliciten e que a renda per cápita sexa igual ou inferior a 5.400€ entregaráselles un vale por valor de 50€ para a axuda dos gastos de material escolar.

 

                Ás familias do alumnado de 1º e de 2º que o soliciten entregaráselles un vale se cumpren as seguintes condicións: as que a renda per cápita sexa igual ou inferior a 5.400€ o valor do vale será de 170€, e as comprendidas entre 5.400 e 9.000€ o vale será de 90€.

 

                Enténdese por RENTA PER CÁPITA o resultado de sumar as cantidades dos recadros 430(base impoñible xeneral) e 445(base dispoñible de aforro) da declaración da renda do 2015 e dividila entre os membros da unidade familiar(pai,nai e fillos).Faise destacar que todos os datos que se proporcionen teñen que ser anteriores ao 31 de decembro do 2015.

 

 

DOCUMENTACIÓN:

 SOLICITUDE MODELO OFICIAL. Entregarase unha para todos os irmáns matriculados no centro. Cubrir só o anexo I, código de procedemento ED330B  que estará dispoñible en

 

FOTOCOPIA E ORIXINAL DO LIBRO DE FAMILIA. ( No centro escolar non se fan as fotocopias).

 

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2015, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:  sentenza xudicial da separación ou divorcio e /ou convenio regulador onde conste a custodia do causante, certificado ou volante de convivencia...

Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade contan por dous sempre e cando o xustifiquen.

Os alumnos con necesidades educativas especiais teñen unha consideración especial.

   

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño do 2017(este incluído).

 

Para evitar aglomeracións e esperas para poder entregar o antes posible recoméndase presentar as solicitudes na secretaría xunto coa documentación correspondente nas seguintes datas:

  •  Días 24,25 e 26 de maio, solicitudes dos nenos que o vindeiro curso fagan 1º de E.P e irmáns matriculados neste centro.
  •  Días 29,30 e 31 de maio, solicitudes dos nenos que fagan 2º de E.P no vindeiro curso, e irmáns.
  •  Días 1,2 e 5 de xuño, alumnado que vaia a cursar 3º de E.P no vindeiro curso, e irmáns.
  •  Días 6,7 e 8 de xuño, alumnado que vaia a cursar 4º de E.P no vindeiro curso, e irmáns.
  • Días 9, 12 e 13 de xuño, alumnado que vaia a cursar 5º de E.P no vindeiro curso, e irmáns.
  • Días 14,15 e 16 de xuño, alumnado que vaia a cursar 6º de E.P no  vindeiro curso, e irmáns.

 

SOLICITUDE ANEXO 1



event | by Dr. Radut