Skip to Content

Reto lector

Gañadores do 1º TRIMESTRE do RETO LECTOR

E os gañadores neste primeiro trimestre, do emocionante reto lector que temos en marcha en primaria no noso centro, son:

 

Os alumnos e alumnas de 2ºA!!!

Moitas felicidades e a seguir lendo!!!

Traballamos contra a Violencia de Xénero

Do 19 ao 23 de novembro no centro, celebramos de diferentes maneiras o DÍA CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO.

Unha delas, foi compartir na hora de lecer dos alumnos e alumnas a "MOCHILA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" cunha coidadosa selección de títulos, propios do centro, da NODAL e prestados polas profesoras do centro.

Aquí algúns títulos da mochila:

En todas as aulas contouse o conto de ARTURO Y CLEMENTINA.

E unha mestra do centro debuxou uns preciosos posters sobre o tema, e os máis pequenos decorárono, e quedaron así de bonitos:

 

 

A nosa biblioteca virtual.

Comezamos este curso recomendando a nosa BIBLIOTECA VIRTUAL, onde podedes consultar o noso gran fondo de libros:

(Pulsar na imaxe:)

Os alumnos co seu carné de biblioteca, nas horas de lectura que teñen asignadas á semana, poden retirar os títulos consultados.

E consultar as últimas novidades que chegan ao centro!

(Pulsar na imaxe)

Onde os nosos pequenos lectores poden deixar a súa opinión nas súas últimas lecturas:

Opinións libros

 

 

Tamén temos unha selección para pais e nais!

Recomendacións dende a BIBLIOTECA

Na BIBLIOTECA do centro podedes atopar unha seleción de libros para disfrutar este outono e Samaín, e continuar co RETO LECTOR.

 


E no noso PARADAI POST, temos as últimas novas:

Onde se ven as investigacións do novo proxecto do centro: CURIOSIDADES DOS ANIMAIS.

 

 

Reto lector

 

Neste curso 2018-2019 comezamos con moita ilusión o noso PRIMEIRO RETO LECTOR!!!

Adxuntamos as instrucións do reto nos documentos adxuntos.

ÁNIMO E A LEEEER!!

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut