Skip to Content

3º Curso

Actividade de deporte inclusiva

O alumnado do centro participou nunha actividade de deporte inclusivo dentro das actividades realizadas no Día do Discapacitado celebrado o día 3 de decembro.

Fotos de outono 3º primaria

Aquí vos deixamos unhas fotos dunha actividade que fixemos relacionada co outono.

A roda dos alimentos en 3º A

O alumnado de 3ºA estivemos traballando a roda dos alimentos, aprendemos moito, divertímonos, reflexionamos e sacamos moitas conclusións. Agora somos todos uns expertos!!!

 

 

 

3ºA Primaria: A capilaridade nas plantas

 Cóntannos na clase de 3ºA:

Fixemos un pequeno experimento: a capilaridade nas plantas.


A capilaridade é a propiedade que teñen os líquidos para ascender a través dun tubo delgado contra a forza da gravidade.
Esta propiedade aproveitana as plantas para transportar a auga e as sales minerais.



O que fixemos para demostrar este fenómeno físico foi o seguinte:
Primeiro botamos un pouco de auga nun recipiente e engadímoslle colorante alimentario de cor azul (que é o que mellor tinxe).



A continuación introducimos un caravel de cor branco dentro do recipiente.
Ao pouco tempo, observamos que a flor estaba cambiando de cor; Finalmente acabou poñéndose totalmente azul!!!

 


Tamén utilizamos margaritas brancas. Con este tipo de flor, o experimento tardou algo máis en funcionar.

 

 Aquí un pequeno video-resume do experimento:

 

Obradoiro de xadrez en 3ºA

O día 2 de abril, tivemos un taller de xadrez.Pasámolo pipa!

O xadrez axúdanos a mellorar a capacidade de concentación e tamén o razoamento lóxico e a axilidade mental.

 

Traballamos a Igualdade en 3ºA

 

 

Os alumnos de 3º A traballaron a igualdade, e sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Todo o traballo quedou representado nun mural:

De forma conxunta crearon diferentes cancelos (#):

#EsinxeloVeroErroAlleo

#QuedaMoitoPorFacer

 

 

A PAZ EN 3º

     O curso de 3º presentou para o Día da Paz diferentes

     traballos,reflexións e algúns  poemas ,mais tamén caligramas:

     Foron colocándoos por corredores e murais do Centro sempre

     moi atent@s

  E seguiron igual ata a representación final ,mentres se ía formando o Símbolo da Paz no patio

3º A e B

    Premede nos Adxuntos para escoitar o que leron.

    A nós gustounos !

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut