Os nenos e nenas de 5º de INFANTIL, fixeron un experimento sobre a evaporación da auga, coa intención de que o alumnado entenda un pouco mellor o mundo que lles rodea, neste caso o ciclo da auga.
A mellor maneira de aprender é a través do xogo, a práctica e a experiencia persoal.
Como funciona o ciclo da auga? O sol quenta a auga dos océanos, ríos e lagos, que sobe á atmosfera en forma de vapor de auga (evaporación) e forma nubes que almacenan a auga en forma de vapor.
Cando estas nubes atópanse cunha corrente de aire frío, o vapor condénsase (condensación) e precipítase en forma de choiva (precipitación).
Se a temperatura baixa aínda máis, a precipitación pode producirse en forma de neve ou saraiba.
Con este experimento non poderemos ver o proceso completo, pero aínda así é un experimento moi visual e útil para acompañar a explicación do ciclo da auga. Na bolsa poden observar como a auga que está no fondo ao quentarse co sol, se evapora, sobe en forma de pingas de auga que se adhiren ás paredes da parte superior da bolsa.