Skip to Content

Visita ao centro do IES MURALLA ROMANA

Esta mañá viñeron ao Centro o director  e a orientadora do IES Muralla Romana,o instituto ao que está adscrito o noso cole.Déronnos  moita e moi útil  información e resolveron as dúbidas do alumnado de 6º,que non paraban de facer preguntas !

O horario,as taquillas...pódese levar móbil ? Curiosidades e cousas tamén moi interesantes:sabedes que no recreo fan Campionatos de tenis de mesa ? Ou que a biblioteca está aberta ata as 11 da noite ? O da axenda pareceulles unha idea estupenda e xa están desexando que chegue Maio para devolverlles a visita !

                           Moitas grazas por vir !



blog | by Dr. Radut