Hoxe celebramos todos os alumnos, alumnas e profesorado, o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e para representalo, pintamos de violeta unas das portas principais de entrada ao centro.
Cada un dos cursos preparou un panel en color violeta, referente ó tema e tamén inspirado na canción de Rozalén "La Puerta Violeta".
Os nenos e nenas de 5ºA de primaria montaron o mural e así quedou:
Xuntáronse os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º, e cada curso con representante explicaron aos demais compañeiros que significaba o seu traballo. Remataron a actividade cantando a canción de Rozalen "La Puerta Violeta".
Aquí un fragmento, onde se pode ver o ben que o fixeron:
E o mesmo fixeron os pequenos e pequenas de Educación Infantil, 1º e 2º.