Continuando co Plan Proxecta, Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, os alumnos e alumnas de 5 de Primaria, fixeron unha visita neste mes de abril a Santa Eulalia de Bóveda.
Santa Eulalia de Bóveda, é un santuario tardo-romano do século III construído a 14 quilómetros da Antiga Lucus Augusti. É un dos lugares máxicos de Galicia e único en toda Europa . Descóbrese en 1926 e en 1931 declárase Monumento Artístico Nacional. Hoxe cualifícase como Ben de Interese Cultural, baixo titularidade da Xunta de Galicia.
Non contamos con outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo Imperio Romano. Consérvanse unhas pinturas murais romanas extraordinarias e de gran realismo con colorido impresionante nas que se representan diversas aves como pavos reais, pombas ou faisanes.
TERMAS ROMANAS
Aproveitamos a saída para visitar as Termas Romanas e a Ponte Romana da nosa cidade.
As Termas Romanas é un dos monumentos mais representativos do legado cultural romano.
Para cruzar o río, os romanos construíron unha gran ponte de granito , da que se conservan partes de fábrica orixinal romana en varios dos seus alicerces.