O alumnado de 5º de Primaria saíu o pasado venres 19 de maio ata o Clube de Piragüismo para realizar unha actividade con "dragóns", unha especie de canoas equipadas para unhas 25 persoas. Como eran moitos, foron en dous dragóns diferentes. Cremos que lles encantou a experiencia e que lles gustaría repetir outro ano máis.