Skip to Content

Blog de Bego

Kamishibai

As nenas e nenos de 5º e 6º de primaria realizamos neste terceiro trimestre un kamishibai para representar despois aos nosos compañeiros e compañeiras na biblioteca. O conto foi elaborado totalmente por nós, tanto os debuxos como o texto. Cremos que aos nosos compañeiros /as lles gustou moito. Titúlase " A gota perdida" e aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

5º Exposición "Lugo no tempo"

O día 23 de maio os alumnos de 5º de Primaria foron visitar a exposición "Lugo no tempo" de Afundación situada na Praza Maior. Descubriron cousas moi interesantes sobre a nosa cidade, como que ata os anos 70 había casas bordeando a muralla pola parte exterior. Despois realizaron un taller sobre impresión en 3D e fabricaron a súa propia "porta da muralla". 

Dragóns no Clube de Piragüismo

O alumnado de 5º de Primaria saíu o pasado venres 19 de maio ata o Clube de Piragüismo para realizar unha actividade con "dragóns", unha especie de canoas equipadas para unhas 25 persoas. Como eran moitos, foron en dous dragóns diferentes. Cremos que lles encantou a experiencia e que lles gustaría  repetir outro ano máis. 

 

Saída escolar de 6º EP

 

O xoves día 17 o alumnado saímos de visita a Casa dos Mosaicos, a Sala de Exposicións de Porta Miñá e a exposición Indómitas na Afundación Lugo. Estivemos acompañados en todo momento por un guía que a longo da saída entre sitio e sitio foinos achegando ao Lugo antigo. 
 
 
 

Visita ao MIHL 6º e 1º E. Primaria

O alumnado de 6º EP acompañou aos pequenos e pequenas de 1º, a o MIHL.

INICIO NA LECTOESCRITURA

As nenas e nenos de 3 anos síntense moi motivados a recoñecer o seu nome. Nesta actividade empregámolo como  reforzo na composición e discriminación visual da vogal A.

Contenido sindicado


by Dr. Radut