Skip to Content

A que sabe a lúa?

A que sabe a lúa? Que intriga, verdade? Gael sacounos de dúbidas na mañá de hoxe.  

 

Novidades na biblio

 

 

Queredes saber que libros chegaron ultimamente á biblioteca? Prestade moita atención, porque no seguinte vídeo algúns dos colaboradores falan sobre o recuncho das novidades.

 

O neno mosquito

O neno mosquito foi o conto escollido por Yaiza o pasado xoves. Non o coñeces? Descubriralo na nosa biblio. 

A paz comeza cun sorriso...

...esta mensaxe foi a que nos deixou Daia na entrada do cole para achegarnos un pouco máis ao significado de PAZ!!
Hoxe, festexámolo día como máis nos gusta: en grupo! Bailando, compartindo, escoitando, xogando, respectando e SORRINDO!

Preme na imaxe para vernos!

 

 

Censo familias

En base ao establecido no punto quinto da Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación de xornada lectiva en sesión única de mañá, exponse o censo electoral* para a votación de pais/nais/titores legais que se realizará no centro educativo o vindeiro 17 de febreiro.

 

Ábrese un prazo ata o venres 6 de febreiro para que as nais/pais/titores legais, poidan presentar reclamacións ao censo.

 

*Podedes consultalo no taboleiro de anuncios do porche

Sofía alegría:experta en unicornios

Sofía alegría: experta en unicornios foi o conto escollido por Uxía na sesión de conta contos semanal que se realiza os xoves na biblio. 



Recordade

Os tempos de lecer na biblio

Como nos gusta ver a biblio con tanta vida! Preme aquí se queredes coñecer con máis detalle a biblio?

 

Polgariño

Candela López contounos a historia de Polgariño, un conto clásico para comezar o tempo de lecer. 

 



Información xornada única

Accede aquí ao díptico informativo sobre o proxecto de xornada única.

Distribuir contido


by Dr. Radut