Skip to Content

O polo Pepe

O alumnado de 3 anos preparou con moita ilusión o conto o polo Pepe para contarllo ao alumnado de 5º de primaria na mañá do pasado venres. Unha gran sorpresa para os nenos e nenas de 5º. Non perdades detalle no seguinte enlace.

 

As irmáns Mirabal, un exemplo para todos

O día 25 de novembro conmemórase o día da non violencia en honra ás irmáns Mirabal. Hoxe foi o momento de saber máis sobre elas.

Gracias  a Yélida polo vídeo que nos deixou.

O lapis máxico de Malala

Na sesión de conta contos de hoxe a protagonista foi Antía.

Descubride máis sobre o acontecido na maña de hoxe.

Novembro, mes da ciencia en Galego nas bibliotecas

 

Durante este mes de novembro a ciencia está moi presente na biblioteca: recuncho de libros científicos, vídeos sobre experimentos no tempo de lecer...

 

Descubride o que acontece na biblioteca.

 

Apadriñamentos lectores do alumnado do IES do Camiño a infantil

Hoxe tivemos no centro uns invitados de luxo. Alumnado do IES do Camiño preparou unha sesión de conta contos para deleitar aos máis peques do cole.

Que está ocorrendo na biblio?

 

Traballo en equipo na biblioteca para que se converta nun espazo para todos e todas, acolledor e cheo de encanto.

Moi pronto ensinarémosvos os dous retos nos que estamos traballando.

 Aquí tedes un pequeno adianto.

 

 

 

A nosa conta contos da semana é...Nuria

Como cada xoves, na biblio hai sesión de conta contos.

Descubre o conto Malena Ballena, da man de Nuria.

 

Actividade para o Día da Non Violencia

Precisamos a colaboración de nais, avoas, tías, madriñas, amigas...para amosar as fortalezas das mulleres. Queremos gravar un vídeo co lema #asbravasdepalas.

Toda a información na circular

 

Gracias!!

Colaboradoras e colaboradores da biblioteca

Un gran equipo para axudar nunha gran biblio!

Preme na imaxe para coñecelos

Coñecemos a Daia

Aquí estamos con Daia. De seguro que a tedes visto algún día entre os libros da biblio.

Preme aquí para coñecela un pouco máis!

Distribuir contido


by Dr. Radut