Skip to Content

Unha comida terrorífica

...o Samaín chegou ata a cociña do cole!!

Estas 3 bruxiñas sorprendéronnos cun menú de meeeedo. Parabéns polo voso traballo!!

 

 

Samaín 2019

Durante estes días o cole transformouse para festexar o Samaín...profundizamos sobre a emoción do medo, elaboramos portas terroríficas, personaxes de susto, e unha exposición de cabazas!!

Unha vez máis, graciñas a todas as familias por aportarnos estas cabazas tan xeniais!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Conmemorando o día das Bibliotecas Escolares

24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares.
Para nós, a biblioteca é un espazo moi importante no que pasaremos moito tempo, xa que é idóneo para adquirir novas aprendizaxes.
O xoves coñecemos a súa nova organización, o decálogo de normas para o seu funcionamento, as actividades que se realizarán no recreo (lectura, xogos, curtametraxes,  contacontos, bibliopatio…). Dende o luns, os colaboradores durante os recreos axudarán a un mellor funcionamento da biblioteca.
Entre todo o alumnado do centro, elaboramos un mural que leva por título “Deixa voar a túa imaxinación. Le”. Un mural que se compón de moitas plumas con mensaxes moi significativas: eu leo para soñar, eu leo para aprender…
Deixámosvos un vídeo como resumo do acontecido na biblioteca. 

Un pouco de música

Grazas á ANPA do cole comezamos o curso con moi bo ritmo!

Achegáronnos a Banda xuvenil de Antas de Ulla que nos ofreceu un concerto didáctico FANTÁSTICO!!!

E a vós, que instrumento vos gusta máis?

Arrancamos!

Os máis peques do cole veñen con moitas ganas de aprender! Benvidos!

Tríptico informativo da organización e funcionamento do curso 2019 - 2020

No día de hoxe tivo lugar a reunión de comezo de curso coas familias. Adxuntamos o tríptico entregado que resume aspectos de organización e funcionamento do curso escolar 2019 – 2020.

Este novo curso escolar comeza o mércores, día 11, en horario de xornada continuada (de 9:40h a 15:40h).

Reunión comezo de curso

O vindeiro luns día 9 de setembro do 2019 terá lugar a reunión xeral de comezo de curso 2019- 2020 ás 11:00 horas no comedor escolar.

Posteriormente, as familias reuniranse na aula co titor/a correspondente.

Libros de texto 2019/20

Listaxe definitiva Fondo Solidario

Nos seguintes enlaces poden consultar as listaxes DEFINITIVAS relativas ao fondo solidario de libros de texto para o curso académico 2019/20

Listaxe definitiva admitidos

Listaxe definitiva excluídos

Fondo solidario libros de texto

No seguinte enlace poden consultar as listaxes provisionais relativas ao fondo solidario de libros de texto para o curso académico 2019/2020

Listraxe provisional de alumnado ADMITIDO

Listaxe provisional de alumnado EXCLUÍDO

Distribuir contido


by Dr. Radut