ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
• A quen vai dirixida?
- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.
• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?
Dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos incluídos.
• Onde se presentan as solicitudes?
Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro en horario de 10h a 14h.
• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?
- Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
Preferiblemente podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e ANEXO II (están os dous no mesmo documento) ou recollelo no centro .
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
-En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
• Devolución dos libros de texto do curso 2019 / 2020.
Un proxenitor acudirá ao centro, en horario de 10 a 14h, atendendo ao seguinte:
3º EP: Martes 16 de xuño
4º EP: Mércores 17 de xuño
5º EP: Xoves 18 de xuño
6º EP: Venres 19 de xuño
• Outras datas de interese:
-Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 29 de xuño de 2020.
-Período de reclamación: 30 de xuño e 1 de xullo de 2020.
-Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 3 de xullo de 2020.
-Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 8, 9 e 10 de xullo.
Dada a situación, agradecemos a asistencia ao centro dun único membro da unidade familiar para a realización dos citados trámites, coa fin de evitar aglomeracións e cumprindo sempre as medidas de prevención e hixiene.