Skip to Content

Ampliado proceso de admisión

Seguindo o establecido pola Consellería de Educación, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Podes consultar aquí as novas instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais, para os centros educativos en relación ao COVID-19

Aviso tarefas

O vindeiro luns día 16 de marzo, publicaremos na web tarefas para o alumnado, que está preparando o profesorado.

Ante calquera dúbida chamade ao cole.

Alerta sanitaria

A Consellería de Educación anuncia as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid - 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020: 

  • "Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos."

Máis información sobre as medidas publicadas premendo aquí 

 

Seguiremos informando ante calquera novidade.

Aviso

Unha nova estrela

A estrela de Rosalía de Castro brila tamén no ceo da nosa biblio!

Un exemplo de muller loidora e traballadora!

Preme aquí para ver como conmemoramos o Día de Rosalía e da Muller Traballadora no cole.

Xoves, día de conto

“La preocupación de Lucía” foi o conto escollido por Iria este pasado xoves para acompañarnos durante o tempo de lecer. 

Preme na imaxe para ver un vídeo.

 

Somos iguais

Ao longo dos meses de febreiro e de marzo o espazo das lecturas temáticas céntrase en Rosalía e na igualdade entre homes e mulleres. O claro obxectivo é seguir inculcando valores que nos acheguen a unha sociedade na que tod@s teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 

 

 

Ademais, nestes últimos días elaboramos xogos cos escornabots: nun deles descobren de xeito lúdico a vida e obra de Rosalía de Castro. Outro céntrase nos libros Pioneiras e Pioneiras 2 para incidir nalgunhas das mulleres Galegas que abriron camiño

Entra no blog da biblio para ver un vídeo sobre os traballos realizados.

Novo compañeiro de aventuras

Queres saber en que recuncho do cole se atopa?

Preme na imaxe e descubriralo

 

8M

Con motivo do día internacional das mulleres traballadoras o alumnado creou este mural, inspirándose na obra de Leandro Lamas!

 

Imos ao teatro

English play! It was an amazing experience!

Distribuir contido


by Dr. Radut