A Consellería de Educación anuncia as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid - 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020:
- "Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos."
Máis información sobre as medidas publicadas premendo aquí
Seguiremos informando ante calquera novidade.