Skip to Content

Administración

PECHE CENTROS E SUSPENSION ACTIVIDADES DO CONCELLO

A XUNTA INFORMA DE QUE OS CENTROS EDUCATIVOS DE TODOS OS NIVEIS PERMANECERÁN PECHADOS DENDE O LUNS, 16 DE MARZO.

Prezadas familias:

A Xunta de Galicia acaba de informar que os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados dende o luns, 16 de marzo e, recomendan a non asistencia dende mañá venres, sendo esta voluntaria.

Esta tarde anunciarán as medidas adoptadas.

Irase dando información a través da páxina web do centro.

A Dirección

 

SUSPENSION ACTIVIDADES DO CONCELLO

MATRICULA CURSO 2020 - 21

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As familias, con alumnado matriculado no Colexio, teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos polo que non teñen que realizar o proceso de matrícula

As solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, ou de xeito presencial, presentando a solicitude na secretaría do centro  desde o luns día 2, ata o 20 de Marzo

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática,a aplicación ‘admisionalumnado’ (www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita cubrir a solicitude na aplicación, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Infórmase que no sorteo público realizado para desfacer o empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas foron “t” e “g”  para o primeiro apelido e “e” e “x” para o segundo.

 

 

LEXISLACION APLICABLE

INFORMACION AS FAMILIAS

IMPRESOS MATRICULA

 

COMEDOR E TRANSPORTE

 

Infórmase das datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE.:

 

·       Alumnado transportado : padrón

 

·      Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios

 

·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente

 

·       Por motivos socioeconómicos... : informe social..

 

·       Violencia de xénero : documentación acreditativa

 

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

 

 

 

HORARIOS TITORIAS INICIO CURSO PRIMARIA

Datas e horarios das clases de primaria nos que se van levar a cabo as reunións de inicio de curso.

HORARIOS TITORIAS INICIO CURSO  PRIMARIA

LISTAXES ALUMNADO CURSO 2019 - 20

EDUCACION INFANTIL

4º A - B - C                5º A - B - C                 6º A - B - C   

EDUCACION PRIMARIA

1º A - B - C                2º A - B - C                 3º A - B - C

4º A - B - C                5º A - B - C - D            6º A - B - C

INICIO CURSO 2019 - 2010

 

 

 

Un saúdo a toda a comunidade educativa.

O profesorado e persoal do Ramón Otero Pedrayo dalles, un ano máis, a benvida ao novo curso.

O día 11 empeza oficialmente o curso para todo o alumnado. Os pais do alumnado de  E. Infantil xa teñen unha reunión  coas titoras dos seus fillos/as os  seguintes dias:

  • 3 ANOS: VENRES 6 ás 12:00 no edificio novo de infantil.
  • 4 ANOS: LUNS  9 ás 11:00 no edificio novo de infantil.
  • 5 ANOS : LUNS 9 ás 16:30 no edificio novo de infantil.

            (Prégase acudir sen nenos/as)

PERIODO DE ADAPTACION PARA ALUMNADO DE 3 ANOS: do 11 ao 24 de Setembro, ambos inclusive. Durante este período o alumnado de 3 anos non fará uso do transporte escolar nin do comedor.

O día 11 empeza o curso. Para o alumnado de primaria lembrar dúas cousiñas para axilizar o proceso.

Os alumnos que vaian para 1º - 2º - 3º farán as filas no pavillón, dentro, nos lugares sinalados con carteis para cada curso. Alí serán recibidos polas súas titoras para subir ás aulas.

Os alumnos que vaian para 4º - 5º - 6º farán as filas nas portas traseiras de entrada ao edificio de primaria. Alí serán recibidos polas  súas titoras para subir ás aulas.

Lembrarlle aos pais ou acompañantes do alumnado que haberá unha zona marcada a que non deben pasar os pais, só os alumnos que van ás filas.

Unha vez que entren todos os nenos e estean sentados nas aulas, chamaranse aos pais , que acompañados dun mestre, poderán levar os libros ou material ás aulas que lle correspondan aos alumnos

Un saúdo

VALES ADQUISICION LIBROS E MATERIAL

XA SE PODE PASAR POLO CENTRO PARA RECOLLER OS VALES DE AXUDA Á ADQUISICIÓN DE LIBROS DE 1º E 2º DE PRIMARIA  ASÍ COMO OS VALES DE AXUDA Á COMPRA DE MATERIAL.

OS VALES QUE NON SE RECOLLAN NO MES DE XULLO PODERÁN RECOLLERSE EN SETEMBRO.

 

 

FONDO LIBROS : LISTAXE DEFINITIVA 3º - 4º - 5º - 6º

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 3º-4º-5º-6º

ALUMNADO 3º PRIMARIA: Os alumnos que teñan asignados 2 libros no fondo xa teñen o máximo de libros. O centro proporcionaralle a todo o alumnado de 3º (solicitaran ou non) os libros de naturais, sociais, e inglés. As familias terán que mercar o activity book de inglés.

ALUMNADO 4º PRIMARIA: Os alumnos que teñan asignados 5 libros no fondo xa teñen o máximo de libros.

ALUMNADO 5º PRIMARIA: Os alumnos que teñan asignados 4 libros no fondo xa teñen o máximo de libros. O centro proporcionaralle a todo o alumnado de 5º (solicitaran ou non) os libros de naturais, sociais, e inglés. As familias terán que mercar o activity book de inglés.

ALUMNADO 6º PRIMARIA: Os alumnos que teñan asignados 6 ou7 libros no fondo xa teñen o máximo de libros.

 

OS LIBROS ENTREGARANSELLE AOS ALUMNOS NA PRIMEIRA SEMNA LECTIVA DE SETEMBRO.

REUNION ALUMNADO NOVA INCORPORACION CURSO 19 - 20

XORNADA PORTAS ABERTAS

mercores día 12 de Xuño ás 18:30 horas levarase a cabo unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado que se incorporará por primeira vez ao centro para o curso 2019-20 ( alumnado de 3 anos e procedentes doutros centros). Visitaranse as distintas dependencias do centro e informarase do funcionamento e  organización do centro (transporte, comedor, entradas, saídas, actividades extraescolares...).

A reunión será no edificio novo de infantil.

Prégase,de ser posible, acudir sen nenos/as.

Un saúdo

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut