Skip to Content

Administración

BENVIDOS AO CURSO 17-18

 

Un saúdo a toda a comunidade educativa.

O día 11 empeza oficialmente o curso para todo o alumnado,mais, os pais do alumnado de  E. Infantil xa teñen unha reunión  coas titoras dos seus fillos  o  Xoves día 7 e o Luns 11 co seguinte horario e lugares:

  • 3 ANOS: Xoves 7 ás 12:00  no ximnasio de madeira.
  • 4 ANOS: Luns 11 ás 17:00 nas súas aulas (aulario novo).
  • 5 ANOS :Xoves 7 ás 12:00 nas súas aulas (aulario novo).

PERIODO DE ADAPTACION PARA ALUMNADO DE 3 ANOS: do 11 ao 22 de Setembro, ambos inclusive

O día 11 empeza o curso. Para o alumnado de primaria lembrar dúas cousiñas para axilizar o proceso.

Os alumnos que vaian para 1º - 2º - 3º farán as filas no pavillón, nos lugares sinalados con carteis para cada curso. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Os alumnos que vaian para 4º - 5º - 6º farán as filas nas portas traseiras de entrada ao edificio de primaria. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Lembrarlle aos pais ou acompañantes do alumnado que haberá unha zona marcada a que non deben pasar os pais, só os alumnos que van ás filas.

Unha vez que entren todos os nenos, chamaranse aos pais , que acompañados dun mestre, poderán levar os libros ou material ás aulas que lle correspondan aos alumnos

Lembrade que a través desta páxina poderedes mantervos informados, imprimir solicitudes (transporte, comedor, entradas, saídas...)

Un saúdo

 

REUNIONS TITORAS DE E. INFANTIL COS PAIS

O Xoves 7 e o luns 11 as titoras de E.Infantil manterán unha reunión cos pais/nais do alumnado de 3, 4 e 5 anos.

                                          DATAS, HORARIOS E LUGARES DAS REUNIÓNS

LISTAS CURSOS E TITORES 17-18

E. INFANTIL

3 ANOS  A-B          4 ANOS  A-B-C          5 ANOS  A-B-C

E. PRIMARIA

1º  A-B-C             2º A- B-C                3º A-B-C-D              4º A-B-C             5º A-B-C              6º A-B-C-D

 

LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS ADXUDICADOS

FONDO SOLODARIO DE LIBROS DE TEXTO - LISTAXE DEFINITIVA

  • Lembrade que o alumnado de 3º de E.Primaria que teña asignados 4 libros son os máximos que lle corrresponden, pois neste curso non usarán L. Castelá e L. Galega.
  • No listado de todos os cursos xa van incluidos os complementarios que lle corrresponde a cada alumno e que comprará o centro

Un saúdo

A Dirección                                 PINCHAR PARA VERA A LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS

DONACION DE LIBROS AO FONDO SOLIDARIO

Prezadas familias:

Como sabedes, o centro posúe un fondo de libros do cal sae o reparto para o alumnado 

que por renta lle correspondan (2,4 ou 6 libros).

Desde o centro pedímosvos que no caso de non necesitar os libros utilizados nos cursos

anteriores os donedes ao centro para poder darlle unha segunda “ vida” prestándollos

ao alumnado que o solicite. VER FICHEIRO ADXUNTO)

Un saúdo

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

LISTAXES PROVISIONAIS  LIBROS PARA 3º - 4º - 5º - 6º DE E. PRIMARIA

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS

As persoas interesadas poderán reclamar nos 2 (dous) días seguintes á publicación destas listaxes provisionais na secretaría do centro.

Na listaxe definitiva sairán os nomes dos libros que lle foron adxudicados a cada alumno.

Os vales de Adquisición de libros ( 1º e 2º de E. Primaria) e material estarán dispoñibles  a partir do MERCORES 19 de XULLO:

REUNION ALUMNADO NOVA INCORPORACION CURSO 17 - 18

XORNADA PORTAS ABERTAS

O próximo venres día 14 de Xuño ás 12:00 horas levarase a cabo unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado que se incorporará por primeira vez ao centro para o curso 2017-18 ( alumnado de 3 anos e procedentes doutros centros). Visitaranse as distintas dependencias do centro e informarase do funcionamento e  organización do centro (transporte, comedor, entradas, saídas, actividades extraescolares...).

Un saúdo

A Dirección

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 17/18

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 17/18 (PICAR NO LISTADO)

4º DE ED. INFANTIL.

6º DE ED.INFANTIL.

1º DE ED. PRIMARIA

6º DE ED. PRIMARIA.

LISTAXE PROVISIONAL DO COMEDOR CURSO 16-17

Estimadas Familias:

Pregamos veñan a dar de baixa o antes posible a aqueles alumnos/as que non fagan uso do comedor este curso. 

Recordamos que teñen que entregar na secretaría do centro a instancia de taxas.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTADO PROVISIONAL DE NON ADMITIDOS

XORNADA UNICA

 

VOTACION

 

 

Informámosvos que o VENRES 27 de MAIO celebrarase a votación para decidir o tipo de Xornada que vai ter o centro. O horario para votar abarcará  desde  as 9:00 horas ata ás 22: 30 horas ininterrumpidamente.

 

Asemade, informamos que no hall de entrada do edificio de primaria están expostos,  os censos de pais, nais e titores lega

Proxecto da Xornada.

Cadros Resumo da Xornada

Preguntas mais frecuentesrealizadas polas familias coa contestación.

Distribuir contido


by Dr. Radut