O pasado 11 de Abril os nenos e nenas de quinto fixemos un obradoiro de expresión escrita na biblioteca do cole. Traballamos cun libro titulado "Imaxina animais".
O autor deste libro describía unha serie de animais fantásticos que eran metade obxecto, metade animal como por exemplo o platafiño. Estes seres tiñan características dos animais que os compoñían (mamíferos, acuáticos..etc) pero tamén dos obxectos (serraban madeira, alumeaban...).
Partindo destes exemplos, elaboramos nos unha serie de animais fantásticos, así como as súas descricións.