Skip to Content

Colaboración

COMEDOR ESCOLAR : PRAZAS- TAXAS - COLABORADORES/AS

DOCUMENTO AOTOLIQUIDACION TAXAS COMEDOR 24 -25

 

Na primeira semana de Xullo sairá  a listaxe de prazas provisionais de comedor escolar para o curso 2024-25.

 

O alumnado admitido nesa listaxe deberá facer entrega antes do 1 de Setembro do impreso de autoliquidación de taxas que poden descargar aquí.

 

Para facer o cálculo da renda terase en conta  o exercicio fiscal do 2023 e a situación familiar a 31 de Decembro de cada ano polo que se un fillo cumpre 18 durante o ano xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo.

 

Toda a información na instrucción 1/2024 que poden consultar no enlace .

 

DOCUMENTO PARA DESCARGAR (TAXAS AUTOLIQUIDACION)

 

INSTRUCCIÓN 1/2024 COMEDORES ESCOLARES

 

COLABORADORES/AS COMEDOR ESCOLAR 24-25

 

A Consellería ven de aceptar unha solicitude do centro para ampliar o número de colaboradores/as de comedor pasando a ter para o curso 24-25 e sucesivos 16 colaboradores/as de comedor. 

 

Sen as 16 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento.

 

Aquelas nais/pais, titores legais ou acolledores legais que contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

 

  • As condicións do traballo son as seguintes:
  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a.
  • Asinase un documento de colaboración.
  • Debe achegarse certificación negativa do rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
  • Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente

 

                                                                SOLICITUDE COLABORADOR/A

 

                  

 

 

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

 

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento.

Aquelas nais/pais, titores legais ou acolledores legais que contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

 

  • As condicións do traballo son as seguintes:
  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a.
  • Asinase un documento de colaboración.
  • Debe achegarse certificación negativa do rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
  • Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

 

SOLICITUDE COLABORADOR/A

 

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

Prezadas familias:

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamiento ao inicio de curso.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os profes de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a. Cobrarase 12,50 euros ao día que se aboarán trimestralmente.

No curso 2021-22 hai modificación en canto aos colaboradores do comedor xa que, con carácter excepcional, ampliase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs). Deixamos o resumo das instruccións para que lle botedes unha ollada.

Aquelas persoas que contedes con disponibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

Un saúdo

A dirección.

SOLICITUDE COLABORACIÓN COMEDOR

Distribuir contido


by Dr. Radut