O día da Ciencia en Galego, que se celebra ao redor do día 4 de novembro, este ano está dedicado fundamentalmente á Arte e a Ciencia.
O día da Ciencia en Galego, a nivel de centro, celebrámolo a tarde do día 5 de novembro. Este día os nenos e nenas de 6º realizaron a demostración e explicación dunha serie de experimentos ao resto dos seus compañeiros:
Escarvadente máxicos
Explosión de cor
Volcáns
Lámpada de lava
O papel que non se molla
Peixes flotantes
Ademais ao longo desta semana tamén fixeron unhas actividades complementarias propostas dende o equipo de laboratorio.
1. Construcción dun caleidociclo.
2. Realización dun cadro de Isaac Díaz Pardo, persoeiro ao que este ano está adicado este día.
3. Exposición de libros de arte e ciencia.