Skip to Content

Administración

PROBAS DIAGNOSTICAS 4º E. PRIMARIA

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico que atinxen a 4º de Educación Primaria e 2º de Secundaria, tal e como obriga o Ministerio de Educación a través da actual lei educativa estatal LOMLOE.

As avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan estas ensinanzas

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada

 

DATAS DE CELEBRACIÓN : 10 e 11 de ABRIL.

CALENDARIO ESCOLAR 23-24

Publicada a Orde de calendario escolar para o curso 2023-24

ORDE CALENDARIO

INFORMACION ENTRADAS E SAÍDAS AO CENTRO

Achégase información sobre as  entradas E saídas do centro. Unha vez eliminadas a maioría das restriccións por COVID retómase a normalidade nas entradas e saídas. Achegase no mesmo documento información sobre a organización do 1º día de clase no referente á formación das filas de entrada.

Lémbrase ás familias que durante os primeiros días poden acompañar ao alumnado ao interior do recinto sen interrumpir a formación das filas nin acceder ao centro no caso de ter que traer material  ata que se lle indique.

Un saúdo

INFORMACION ACCESO E FILAS

 

DÍAS NON LECTIVOS

Bo día.

Lembrámoslles que o luns 16 e martes 17 non son días lectivos polo que non haberá clase.

Un saúdo

PERÍODO DE VACACIÓNS

 

O colexio permanecerá pechado desde  día 22 de xullo ata o 31 de agosto ámbolos dous incluídos.

 

Retomaremos a nosa actividade o día 1 de setembro.

Todas as  persoas que aínda no recolleron o cheque de libros ou material e non entragaron a autodeclaración de comedor poderano facer a partir do 1 de setembro.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

FINALIZADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN, COMUNICAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS. PARA CONSULTAR A LISTAXE DE ADMITIDOS PÓDESE FACER A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO COA CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

INFORMACION SOLICITUDE, PRAZO E DOCUMENTACIÓN

Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste centro que entre o 1 e o 22 de Marzo poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Centro, que teñen garantida a praza escolar  sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos os  documentos e información de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SOLICITUDES PARA O CURSO  2021- 22

DO 1  AO 22 DE MARZO 

 OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARIA DO CENTRO,  IMPRIMIR DA PAXINA WEB DO CENTRO OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN DA CONSELLERIA "ADMISION ALUMNADO"

www.edu.xunta.es/centros/ceipoteropedrayo

Pódese consultar máis información na seguinte dirección web da conselleria de educación

ADMISIÓN ALUMNADO

LEXISLACION APLICABLE

 

INFORMACION AS FAMILIAS

IMPRESOS MATRICULA ( Todos se poden cubrir na propia páxina )

LIÑAS DE TRANSPORTE :

A empresa que actualmente cubre todas as rutas de transporte escolar é ARRIVA. As paradas existentes son as que aparecen no documento adxunto.

COMEDOR E TRANSPORTE (SOLICITASE EN ABRIL)

Infórmase que segundo o Decreto de admisión e a  Orde de admisión establécense as datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE.:

·       Alumnado transportado : padrón

·      Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios dos titores ( pai e nai)do alumno

·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente

·       Por motivos socioeconómicos... : informe social ( servizos sociais do Concello)

·       Violencia de xénero : documentación acreditativa

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

 

 

 

 

FELICITACIÓN DE NADAL

Ola familias.

Remata un ano difícil para todos pero cheo de moitas razóns polas que sentirnos satisfeitos e orgullosos do traballo e da responsabilidade mostrada polo noso alumnado.

Este ano queríamos facer unha felicitación distinta na que participara todo o  alumnado . Fíxose con motivo da celebración do día da discapacidade utilizando a linguaxe de signos  e esperamos que vos guste.

Esperamos e desexamos que o 2021 nos traia todo aquilo que non puidemos disfrutar neste ano que remata:saúde, abrazos, bicos, moitos sorrisos, felicidade...

Deixovos coa felicitación: BO NADAL E FELIZ ANO

FELICITACIÓN

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut