Skip to Content

MATRICULA CURSO 2020 - 21

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As familias, con alumnado matriculado no Colexio, teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos polo que non teñen que realizar o proceso de matrícula

As solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, ou de xeito presencial, presentando a solicitude na secretaría do centro  desde o luns día 2, ata o 20 de Marzo

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática,a aplicación ‘admisionalumnado’ (www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita cubrir a solicitude na aplicación, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Infórmase que no sorteo público realizado para desfacer o empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas foron “t” e “g”  para o primeiro apelido e “e” e “x” para o segundo.

 

 

LEXISLACION APLICABLE

INFORMACION AS FAMILIAS

IMPRESOS MATRICULA

 

COMEDOR E TRANSPORTE

 

Infórmase das datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE.:

 

·       Alumnado transportado : padrón

 

·      Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios

 

·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente

 

·       Por motivos socioeconómicos... : informe social..

 

·       Violencia de xénero : documentación acreditativa

 

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

 

 

 



page | by Dr. Radut