O longo deste curso iremos coñecendo unha cantidade de XogosTradicinais cos que xogaban os nosos pais e nais e tamén os avós.
|
Para empezar os nenos e nenas de 5º C trasladáronse ao recinto do colexio Infante Felipe de Salvaterra de Miño para alí xogar cos dese colexio e cos de Pazos de Reis e os de Caldelas. |
Alí coñecemos xogos como o da chave, os bolos, o aro, os zancos, as bolas, a corda, os peóns ...
Pasámolo moi ben e coñecemos un montón de nenos e nenas.
Despois no centro tamén quixemos seguir con eses xogos para que os coñecesen todos. No mes de Novembro e seguindo o refrán " Polo San Martiño, trompos ao camiño"; os peóns tiveron un recuncho no patio e nos recreos aprendemos a facelo bailar dende os de 1º ata os de 6º. Despois de saber lanzalo houbo un campionato por niveis.