Día da Paz
Con motivo da conmemoración do Día da Paz, o día 30 de Xaneiro, este ano celebraremos o día cunha representación teatral a onde acoderon todos os nenos/as do centro. A actuación estivo organizada pola ANPA do colexio, sempre dispostos a colaborar connosco en actividades formativas para os nosos nenos e nenas.
Este ano tivemos connosco o grupo MIGALLAS coa súa obra "E se o cantamos ". Trátase dunha peza na que se combinan cancións con esceas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte aos videxogos e xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre os avós e os netos; a violencia e publicidade na televisión; os xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán; a importancia da música e do baile...
Ao acabar fixose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado tamén pola ANPA. Este ano o tema é " O leite, o queixo e os iogures son bos para os nosos dentes " tentanto traballar e colaborar na educación para a saúde. . Houbo premios individuais e colectivos por ciclos.
Patricia de 4º A fixo un debuxo moi bonito, e Susana unha mamá da ANPA faille entrega do seu regalo | Alberto de 5º C tamén gañou co seu debuxo, aquí Ana estalle entregando o seu regalo. |
Se queres ver todos os debuxos gañadores/as preme aquí