Skip to Content

Día de San Martiño

 

                                                                                              

      Con motivo da chegada do outono, da celebración do magosto, do día de San Martiño ou por calquer outro  motivo que nos leve a facer festa, no noso centro fixemos o 11 de Novembro :

"Unha Xornada de Xogos Populares" e a "I Baixada de Carrilainas"              

Ao longo da mañá estivemos no patio por grupos nos que estaban nenos e nenas de 1º a 6ºde Primaria. Estos últimos como son os maiores fixeron de monitores.

Había no patio 25 xogos Populares polos que ibamos pasando en turnos. Estabamos 15 minutos e ...a cambiar de xogos. Todos nos pareceron moi divertidos.

Algúns deles foron:

   

 Palma corrida

 A petanca

 

 

 O risco

 Carreiras de sacos

 

 

 Os Trompos

 Os Zancos

Aros con guías

Castelos de carozos

 

 Encaixe de Aros

 

        Pero o momento máis esperado era o da "Baixada de Carrilanas" pola rampa de acceso ao centro. Durante os últimos días os nenos e nenas foron construíndo as súas carrilainas na casa coa axuda das familias para poder ese día participar.

   
  Aquí baixa Martín co seu bólido  Rubén e o seu pai baixan noutro máis preparado.

   
 Aquí estan algunhas carrilainas preparadas para saír. Un, dous.....  .....e tres.

 

 Os profes e os pais e nais tamén se animaron a baixada. Aquí os vemos en plena carreira. A profe Bea parece que vai primeira pero... perdeu forzas e ao final non foi a gañadora.

 

      E nun día coma o de San Martiño non podíamos deixar de facer o magosto. Ao acabar a baixada de carrilanas fixemos as fogueiras para comer as castañas asadas.

   
   

Estábanche moi boas e ademáis tiñamos fame despois de tanto xogar.

 

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil no día seguinte xogaron tamén a eses xogos adaptados a súa idade. A eles tamén lle gustaron moito.

   
   

Tamén aproveitamos para moitas máis actividaes na clase.                                                     
   
 Estamos ao lado de Don Ourizo e Dona Castaña para facer unha foto con eles  Na clase vendo as cousas necesarias para facer o magosto.

A verdade e que o pasamos moi ben. Gustáronnos tanto os xogos que durante este mes nos recreos vamos a seguir xogando con eles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut